Os Mossos d’Esquadra detiveron na madrugada desta quinta feira un home por –presuntamente– ter asasinado a súa parella cun arma branca. Os feitos aconteceron por volta das 04:00 horas nunha vivenda do Nou Barris (Barcelona), cando as forzas de seguridade foron alertadas da agresión, que tivo lugar após unha discusión.
A vítima presentaba un estado de extrema gravidade cando chegaron os axentes, e faleceu horas despois nun centro hospitalario da cidade. O agresor, un mozo de 27 anos, foi detido no momento. Polo de agora, a División de Investigación Criminal de Barcelona investiga o homicidio.