BIOGRAFÍAS DE GALEGAS EMINENTES

Historias de vidas que construíron Galiza

Rosalía, Castelao, Colmeiro ou Nicolasa Añón son só catro entre as 504 persoas que o Consello da Cultura Galega incluíu no seu Álbum de Galicia, un proxecto que pon a disposición da cidadanía a través dun portal web as biografías dunha escolma das persoeiras máis senlleiras da sociedade galega.
IMG_4482
photo_camera Dolores Vilavedra -secretaria do CCG- Rosário Álvarez -presidenta-, e Manuel Gago -técnico-, durante o acto de presentación. (Foto: Arxina)

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou durante a xornada de onte o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de galegas e galegos que destacaron en moi diversos ámbitos, como a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa, e que xa está dispoñíbel para a súa consulta na páxina web da institución. 

A secretaria do CCG, Dolores Vilavedra, revela para Nós Diario que o proxecto inclúe 504 rexistros biográficos nesta etapa inicial, entre os que destacan nomes como os de Filomena Dato, Rosalía de Castro -"a nai da Patria"- ou Xela Arias.

Vilavedra emprega a entrada dedicada á desaparecida poeta e tradutora para explicar que o Álbum de Galicia vai alén do tradicional concepto do dicionario enciclopédico: "Na súa entrada, además dunha biografía asinada por Ana Romaní, temos uns audios marabillosos de poemas recitados pola propia Xela, ou unha entrevista de prensa que lle fixeron cando tiña tan só 11 anos, após gañar o Concurso de contos infantís do Facho da Coruña".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios