V Congreso Galeusca-Historia

Historiadoras galegas, vascas e catalás debaten sobre a memoria pública do franquismo e a transición

Decorre en Gernika e conta coa presenza de, entre outras, historiadore e historiadoras galegas como Sara Carou, Uxío Breogán Diéguez, Xosé Estévez ou Lourenzo Fernández.

Gernika

Gernika acolle estes días o V Congreso Galeusca-Historia, a cita periódica que reúne historiadores e historiadoras de Galiza, Euskal Herria e Países cataláns para analizar, debater e profundar sobre diversas cuestións e temas históricos. Nesta edición, o tema é a memoria pública da guerra civil, o franquismo e a transición.

Baixo ese paraugas as palestras e táboas redondas abordan cuestións como  o exilio, a represión, as foxas comúns, ou mesmo as relacións de Castelao co nacionalismo vasco.

Hai nestas xornadas presenza de diferentes historiadores e historiadoras galegas. Así, Xosé Estévez fala de ‘Castelao e Gernika’, Xabier Buxeiro (USC) sobre o asasinato de Aurelio Fernández, Uxío Breogán Diéguez (UdC) aborda a “incómoda (e negada) memoria do exilio galego”. Lourenzo Fernández Prieto (USC) pregúntase sobre a memoria do réxime de Franco no Estado español: “Reconciliación ou disimulo?”. Sara Carou (UdC), de por parte, e desde a perspectiva do dereito penal actual, intervirá sobre a negación dos crimes cometidos polo franquismo.

Comentarios