Eira das Mouras

A historia das "mulleres do monte"

Glosamos a figura do valdeorrés Xosé Antonio Gurriarán, un dos xornalistas imprescindíbeis da historia da comunicación da Galiza. Autor dun extenso catálogo de libros que dan conta dalgúns dos momentos históricos do século XX, foi un dos profesionais que máis se implicou na investigación e o estudo da memoria histórica. Eis un extracto da información, publicada no número 360 do semanario en papel Sermos Galiza.
f_6_FS_Cultura (1)
photo_camera [Imaxe: Cedida] Xosé Antonio Gurriarán

m_6_FS_CulturaXosé Antonio Gurriarán López (1938‑2019), periodista nacido no Barco de Valdeorras, dunha saga de trotamundos, que pola súa vida como militante socialista pola paz e a democracia mesmo inspirou unha película, Una historia de locos, dirixida polo director oriúndo de Armenia Robert Guédiguian. Vida con pronunciadas curvas entre aventuras e desventuras e da que saca e transmite unha vella conclusión: a máis eficaz bomba contra o terrorismo e as guerras é o diálogo.

Experimentado en canto di, xa que un 30 de decembro, ás 21.30 horas, “Gurri”, despois de recoller no Cine Pompeya as dúas localidades para a película Stardust Memories de Woody Allen, agarda pola súa muller entre escaparates vestidos de Nadal da Gran Vía madrileña. De súpeto, a carón das oficinas das aeroliñas estadounidenses da TWA séntese un forte estrondo e un bafo espeso, a xente foxe e berra “¡Una bomba…!”.

Entre o barullo, o periodista desoe o que di un mozo que foxe: “Esto puede ser un atentado de los armenios, los que ponen más de una bomba… no debemos estar aquí”. “Gurri” métese nunha cabina telefónica da praza de España, a carón do escaparate de Swissair, e chama ao seu periódico, Pueblo, para que de redacción manden un fotógrafo… Neste intre, alí mesmo, estoupa outra bomba… Sente, a un tempo, como baixa e sobe do Inferno á Gloria, pasando polo Purgatorio: no chan, desangrándose, pide axuda, perde os folgos, logo na ambulancia, nos quirófanos e mesmo a unción dos moribundos… delirios cos anos da infancia en Valdeorras. Vencerán os desexos de vivir e un 23 de febreiro consegue saír do Hospital Clínico de Madrid.

E velaí o inicio doutras historias. Así comeza contando tal acontecer noutra historia, La bomba, na que remata buscando e atopando en aldeas dos montes de Armenia os causantes daquel atentado que o deixarán eivado e marcado por vida. Atópase coa cúpula e membros do Exército Secreto para a Liberación de Armenia (Esala). Recíbeno encapuchados, apuntándoo cos kalashnikov. El entrégalles o libro Soños de Liberdade de Luther King; escóitaos, fálalles de Gandhi, convive con eles… Síndrome de Estocolmo para rematar sumándose coa palabra á súa causa. Como resultado, escribe Armenios, el genocidio olvidado. Nova explicación sobre como se quixo exterminar un pobo que ten como símbolo o mítico e usurpado Monte Ararat.

Cúmprese agora un século daquelas matanzas, algo que moitos parlamentos recoñeceron, agás o español, e mesmo o Parlamento galego polas interesadas comenencias con Turquía e os intereses de EE.UU. Un periodista coa ansia de informar para formar Gurriarán López naceu coa guerra, no ano 38, e alí onde estivo sempre botou moi en menos o seu Sil. Sen demasiadas axudas fíxose a si mesmo.

Estuda Periodismo e Dereito en Madrid, traballa en El Alcázar e en Semana. Incansable, entrevista Jackie Kennedy, Grace Kelly, Dalí, Indira Gandhi; segue nos EEUU o asasinato de Kennedy, encontrándose con Oswald, Rugby, Johnson; reúnese co primeiro astronauta Armstrong, con Perón, J. Paul Belmondo, con Raúl Alfonsín… Son anos da fin do túnel da ditadura, seguidos do longo proceso de construción dunha democracia. Seguidor de Tierno Galván procurando unir siglas e traxectorias socialistas.

[Podes ler a información íntegra no número 360 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios