Acaba de traducirse ao galego por vez primeira de forma completa Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña, unha novela de cabalería do século XIV que foi un auténtico best-seller en toda Europa e que ten por heroe que encarna todas as perfeccións un fillo dun rei galego.
A editorial Rinoceronte e Henrique Harguindey, o principal tradutor galego do francés, veñen de encher un importante baleiro ao verquer ao galego esta obra -de autor descoñecido- cuxa existencia só era coñecida practicamente por algúns filólogos e medievalistas, principalmente franceses. Xa nos anos 80, Méndez Ferrín reclamou a tradución desta obra que tanto éxito tivo na Idade Media en Europa, sendo traducido a varias linguas europeas. “Só en alemán foron publicadas 22 edicións”, abonda Harguindey, “está en importantes bibliotecas, coma a da raíña de Francia, e hai un detalle importante: o nome de Ponto non existía, e a partir de entón faise moi popular en Francia e en toda Europa, e aínda hoxe é moi común en moitos países”.
A íntegra desta historia, unha reportaxe a dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos190, nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.