Herman J. Mankiewicz, 'soamente' un guionista

Netflix aposta polo cinema de calidade. Unha decisión inducida pola soada polémica co Festival de Cannes e culminada co asalto aos Óscar coa Roma de Cuarón. Saíulle ben, moi ben. Antes diso mantiña a súa fábrica de netflixploitation onde o filme era só un produto onde a calidade brillaba pola súa ausencia; mero contido para encher a inxente oferta do xigante do vídeo baixo demanda. Esa fábrica continúa, pero xa hai unha clara estratexia por sacar un ou dous filmes, como mínimo, que destaquen de maneira notábel. O ano pasado foi a quenda de Historia dun matrimonio de Noah Baumbach e O irlandés de Martin Scorsese. Este ano, sen dúbida, será o de Mank.
Amanda Seyfried e Gary Oldman en 'Manx'.
photo_camera Amanda Seyfried e Gary Oldman en 'Manx'.
David Fincher levaba vinte anos intentando dirixir o guión escrito polo seu pai Jack Fincher. Un guión sobre o guionista de Cidadán Kane escrito mentres el se involucraba, a principio dos 90, en…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Cinema
Comentarios