Na Galiza os sindicatos urxen á nova ministra que derrogue as reformas laborais

A confirmación de Yolanda Díaz como ministra de Traballo non por agardada deixou de pasar desapercibida. Na Galiza os sindicatos CIG, CCOO e UXT fan unha primeira valoración para Nós Diario e coinciden na necesidade de que a primeira medida sexa revogar as polémicas reformas laborais

manifedstacion sindicatos folga

A nova ministra de Traballo, Yolanda Díaz, conta xa con deberes urxentes desde o inicio do seu mandato. O anunciou por parte do Goberno español , motivou na Galiza que os sindicatos reaccionaran con cautela mais con seguridade coincidindo por unanimidade na importancia de derrogar as reformas laborais.

CIG, CCOO e UXT consideran fundamental suprimir as reformas como primeira medida antes de comezar calquera tipo de negociación. En relación á elección da propia Yolanda Díaz para o cargo hai variedade de opinións. 

Desde CIG, CCOO e UXT valoran de diferente maneira a relación entre a súa traxectoria e o papel que poida ter no país.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios