Imprimir

“Habló de p… la tacones”: a mensaxe dunha deputada "centrista e galeguista" do PP a Irene Montero

Redacción | 15 de outubro de 2020

PP bande
PP bande

A deputada do PP por Ourense e portavoz na Comisión de Interior do Congreso, Ana Vázquez Blanco, insultou a ministra de Igualdade, Irene Montero, tras a súa mensaxe en Twitter após a  sentenza do Tribunal Supremo na que se confirmou o auto ditado en maio de 2018 pola trama Gürtel.

Montero tuiteou unha imaxe coa información sobre esta resolución coa mensaxe: " CorruPPtos".  Pouco despois, a deputada Vázquez Blanco  retuiteó esta publicación coa mensaxe: " Habló de p... la tacones!!".

Ana Vázquez Blanco, que no seu perfil defínese como “de centro e galeguista”, foi elixida concelleira de Bande polo PPdeG nas eleccións municipais de 1995, revalidando a súa acta nas eleccións de 1999 e 2003.

Ocupou o cargo de concelleira de Cultura e Deporte e posteriormente de segunda tenente de alcalde. Nas eleccións xerais do ano 2000 xa foi escollida deputada por Ourense. Revalidou o seu cargo nas eleccións de 2004, nas de 2008 e nas de 2011.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/hablo-p-tacones-mensaxe-dunha-deputada-galega-do-pp-irene-montero/20201015115541106982.html


© 2020 Nós Diario