Marica Campo (O Inicio, 1948) exerceu a docencia na vila chairega e desde entón ficou vencellada ao lugar. Canda o recoñecemento á autora de Confusión e morte de María Balteira (1996) será distinguida como Trapeira de Honra Sara das Reixas. A maiores, entregarase os galardóns Vilariñas de micropoesía, aos que se presentaron máis de 120: a Beatriz Coira por Volta, a Manuel González por Sixilo, e a Ana García Rivas, por Desexo.
Corredores de sombras encargaranse de achegar música aos actos.
Nova Poesía Guitírica é “unha iniciativa que xorde no seo das agrupacións poéticas cidadás de base”. “A poesía non reside nun ámbito sublime e elevado desde o que alumea en abstracto”, di o seu texto fundacional, “reside no cotián das mulleres e homes de aquí e agora, ou non é poesía en sentido pleno”.