A guerrilla antifranquista de Chelo Rodríguez e Camilo de Dios, premio ‘Mártires da Liberdade’

O xurado recoñécelles así o seu “exemplo de dignidade e loita” contra a ditadura de Francisco Franco.

chelo e camilo
photo_camera chelo e camilo

Consuelo Rodríguez ‘Chelo’, falecida o pasado 18 de xullo en Francia, e Camilo de Dios, “o último dos guerrilleiros”, son este anos os recoñecidos nos premios ‘Mártires da Liberdade’, que concede a asociación cultural e teatral ‘Abril de lume e ferro’ de Carral.

O xurado honra estas dúas persoas integrantes da guerrilla galega antifranquista “pola loita contra a ditadura de Francisco Franco, así como pola defensa da xustiza, liberdade e democracia que amosaron os do monte, como se coñecían naquela época. Eles foron un exemplo de dignidade e loita contra a represión e os exterminio que supuxo a ditadura española”.

O premio será entregado nun acto que terá lugar esta sexta feira, día 13, na Casa da Cultura de Carral, no que estarán presentes o propio Camilo de Dios e o fillo de Chelo, Georges Montes Rodríguez, residente en París.

Comentarios