Os tres músicos contan cunha traxectoria previa. Formaron parte con anterioridade de grupos coma Que Desilusión ou Skirl. O tema foi gravado, mesturado e masterizado nos Estudos Mafia do Carballiño baixo os mandos de Oscar Fernández “Chichi”. Teorema Filmes foron os encargados da gravación e montaxe do videoclip.
“Con este single o que buscamos é que a xente comece a coñecer o grupo e teñan claro que a nosa intención é sonar o máis pontente posíbel e con letras na lingua do país, esa é a nosa seña de identidade” afirman dende o grupo. Esperan comezar cos directos a principios de 2019.