Greve en Renfe e Adif 21 de decembro e 7 de xaneiro

Convocada por CCOO polos continuos recortes e diminución no cadro de persoal.

Estación de tren da Coruña (Foto: X. Lorenzo)
photo_camera Estación de tren da Coruña (Foto: X. Lorenzo)

CCOO convoca dúas xornadas de greve en Adif e Renfe para 21 de decembro e 7 de xaneiro, e que verán precedidas por unha folga do colectivo de intervención en ruta o 14 de decembro.

Comisións Obreiras sinala que o principal motivo do paro é a “continua diminución” do caro de persoal de ambas as dúas empresas. Pide un plan plurianual  de recursos humanos que permita renovar, rexuvenecemento e o reequilibrio de xénero nos postos de traballo.

Recuperar o emprego perdido, mellorar o poder adquisitivo e materializar os incrementos salariais pactados son outras das reivindicacións que CCOO sitúa na orixe desta greve, que se fai en dúas das xornadas de maior volume de pasaxeiros por mor das vacacións de Nadal.

Comentarios