A greve indefinida en Maderas Iglesias arranca cun seguemento total

O paro é motivado polos continuos atrasos e incumprimentos no pagamento dos salarios.

maderas iglesias greve

Seguemento toral na primeira xornada da greve, esta terza feira 28 de agosto, en Maderas Iglesias, segundo a CIG. Os traballadores e traballadoras afirman que a empresa do Porriño está a eludir “de xeito continuado” desde hai catro anos o pagamento ordinario dos soldos, adebedando a día de hoxe as nóminas e máis a extra correspondentes a xullo do ano vixente, alén da paga extra de nadal de 2017. Demandan, ao tempo, a reactivación das negociacións para un novo convenio, o actual expirou en decembro de 2014.

Desde o Comité de greve lembran que esta situación súmase á conxelación salarial nos últimos oito anos. É por iso, indican, que están dispostos a continuar de forma indefinida o paro até que as demandas sexan atendidas.

Indican, ademais, que a dirección da empresa de tarima flotante do Porriño continúa sen aclarar o futuro da actividade produtiva, con falta de perspectiva sobre o futuro financeiro e solvencia necesarias para facer fronte tanto ao pago de nóminas como ao normal funcionamento da actividade. A Xunta, pola súa parte, segundo denuncia o comité, continúa “sen dar sinais de vida” no tocante ás xestións que se comprometeu a realizar para conseguir investidores que garantan a viabilidade da empresa.

Comentarios