Goretti Sanmartín deixa a Deputación para dedicar o "100%" das súas enerxías a Compostela

Vicepresidenta en funcións do ente provincial, no seu albo está agora realizar unha "oposición construtiva" ao goberno local do PSdeG que vai encabezar Xosé Sánchez Bugallo.

goretti
photo_camera Goretti Sanmartín

Goretti Sanmartín compareceu esta quinta feira en rolda de prensa con dous obxectivos. O primeiro, facer un balance do seu traballo na institución provincial. O segundo, anunciar que ao termo deste mandato non vai repetir na Deputación e que vai centrar todos os seus esforzos en realizar unha "oposición construtiva" no concello de Santiago.

En Compostela o 26M as urnas deitaron este resultado: PSdeG, 10 escanos; PP, 8; Compostela Aberta, 5; e BNG, 2. En relación a 2015, a formación nacionalista aumentou apoios de forma significativa (pasou de 3.329 votos, 6,92% a 4.870, 9,31%), mais o avanzo non foi suficiente para incrementar o número de escanos. O Bloque ten decidido non entrar no executivo local. O propósito de Sanmartín é traballar a partir de agora para "recuperar e reforzar a idea" de converter Compostela "nun lugar referente en políticas de todo tipo".

"Todas as forzas, todas as cabezas, todas as mans que se podan botar son poucas para facer un proxecto ilusionante que marquen outro camiño para Santiago de Compostela", dixo a concelleira electa.

Comentarios