Gómez-Reino cualifica de “fracaso” os resultados “inesperados” de Galicia en Común

O candidato de GeC asume "en primeira persoa" a debacle da formación e anuncia o inicio dunha "reflexión profunda". 
Antón Gómez-Reino (Galicia en Común).
photo_camera Antón Gómez-Reino (Galicia en Común).

Con 98% escrutado Galicia en Común non logra representación no Parlamento galego e fica por baixo de 4% dos votos. Uns resultados moi afastados dos que este espazo político atinxiu en 2016, cando foi segunda forza con 14 escanos. O candidato de GeC, Gómez-Reino, compareceu na noite electoral para cualificar de “fracaso” e “moi malos” uns resultados que recoñeceu que foron “inesperados”.

Gómez-Reino, deputado no Congreso, dixo que asumía “en primeira persoa” os resultados e que o espazo político de Galicia en Común iniciaba unha “profunda reflexión” durante os vindeiros días.

Comentarios