É a undécima medalla do ferrolán

Gómez Noya, bronce no Mundial de Tríatlon

O triatleta ferrolán, que rematou a derradeira proba das Series Mundiais de distancia olímpica, volve así ao caixón da disciplina coa ollada posta nas Olimpiadas de Tokio.
[Imaxe: Facebook de Javier Gómez Noya]
photo_camera O ferrolán é o dominador da disciplina na última década [Imaxe: Facebook de Javier Gómez Noya]

Despois dun ano de ausencia, 2018, o triatleta ferrolán Javier Gómez Noya volveu ao podio das Series Mundiais cunha medalla de bronce, a undécima presea que acada no campionato de distancia olímpica. Na derradeira proba, celebrada na localidade suíza de Lausana, rematou na sexta posición, suficiente para manter o terceiro posto dun Mundial que desta volta consagrou o francés Vincent Luis. 

O triatleta galego engrosa deste xeito o seu incomparábel palmarés coa ollada posta nos Xogos Olímpicos a celebran en Tokio o vindeiro verán. Alí tratará de conseguir o único ouro que lle falta por acadar. 

Comentarios