22 de febreiro na sala Malatesta

Golfostela, escaparate do 'underground' pop da capital

A variedade preside a subterránea escena musical compostelá. Golfostela será o festival autoxestionado que dea conta dela. O vindeiro 22 de febreiro, na sala Malatesta, haberá pop, blues, rock alternativo e sons máis duros.
 

cartaz golfostela
photo_camera Detalle do cartaz de Golfostela, deseñado por Maru Astray.

“Golfostela é unha eclosión musical das entrañas de Compostela”, afirman os organizadores, “a nova revelación da faciana oculta da nosa lúa”. Catro bandas, “das principais da escena creativa da cidade”, subirán ao escenario da Malatesta a partir das nove da noite.

O pop “preciosista” e de raíz sixtie de Espiño -último representante galego no festival Suns Europe de músicas de linguas minorizadas-, o “explosivo blues” de Mojo Experience, o rock alternativo pero delicado de Sinestesia ou os autodefinodos como “fuzz e acrituzz” Radio Zapa conforman o cartaz da velada.

As entradas xa se atopan á venda a dez euros en Discos Fans, Nora Tattoo e o Bar Embora.

Comentarios