O partido do goberno turco prepara a expulsión do HDP do Parlamento

A Comisión constitucional aprobou retirar a inmunidade a 49 parlamentares do partido pro-curdo. A reforma pasa agora ao Congreso.

Tayyip Erdogan
photo_camera Tayyip Erdogan

Deputados do HDP, o partido pro-curdo na Turquía, e a propia formación podería sen expulsados da do Parlamento se finalmente é aprobada a reforma constitucional artellada polo AKP, o partido do presidente Tayyip Erdogan

Se as persoas imputadas son declaradas culpábeis a reforma prevé a súa expulsión do Parlamento e a perda deses escanos para a súa formación política

A mudanza prevé a perda de inmunidade para aquelas persoas que teñan algún proceso xudicial pendente, neste caso por estaren acusadas pola Fiscalís turca de apoiar o Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK) considerado organziación terrorista por Turquía e a Unión Europea. O obxectivo da reforma é que poidan ser procesadas 49 representantes das 59 persoas que compoñen o grupo parlamentar do HDP. Aliás, prevé a súa expulsión, e a perda deses escanos para o propio partido, se finalmente son declaradas culpábeis. 

A medida foi aprobada pola Comisión constitucional após un bronco debate que mesmo chegou aos mans cos votos favorábeis do AKP, CHP e MHP xunto coa ausencia das parlamentares do HDP que decidiron ausentarse da votación como mostra de rexeitamento. 

A medida atinxe a 136 parlamentares, 49 do HDP

A proposta pasa agora ao Congreso e precisará do apoio de dous terzos da Cámara para saír adiante. Porén, non só o HDP se atopa atinxido pola medida, en total repercutiría en 136 das 550 persoas que compoñen o arco parlamentar, tres partidos máis para alén do pro-curdo e un independente. 

"Queremos deixar claro que a loita contra o terrorismo tamén afecta aos que apoian o terrorismo amparándose na inminidade", dixo Mustafa Yeneroglu, deputado do AKP durante a sesión de debate. 

Neste senso, o goberno de Ankara continúa adiante coa súa ofensiva contra o pobo curdo e o PKK nomeadamente no norte do Iraq --onde foron asasinados nos últimos días 42 combatentes curdos, segundo o propio executivo-- e no leste da Turquía nos territorios de Mardin, Sirnak e Hakkari onde a ofensiva atinxe nomeadamente a poboación civil. 

Comentarios