O Goberno español liquida as axudas para mercar vivenda protexida

Nos Orzamentos xerais do Estado desaparecen as partidas para adquisición deste tipo de vivendas. En Galiza, cunha renda per cápita, na cola do Estado, esta supresión afectará máis.

vivenda

O goberno español finiquita nos orzamentos para 2014 as axudas para adquirir vivenda protexida. Así o indican en Economía Digital, diario que insiste en que en Galiza esa decisión do executivo de Mariano Rajoy vai ter especial incidencia. Por que? Pois porque no país a renda per cápita é das máis baixas do Estado.

Nas contas para o vindeiro execicio, o goberno español destina menos de 800 millóns de euros para política de vivenda. Unha cifra moi inferior á que se inviste en adquisición de material bélico, por exemplo. Deses case 800 millóns, segundo indica ED, 175 van para adquisición de vivenda protexida, mais son para subsidiar préstamos a familias en plans anteriores. Para o novo ano, a billa está pechada.

Tal e como afirman no medio citado, a compravenda de VPO en galiza “segue as pautas dun plan de extinción”, pois nos ultimos anos a adquisición deste tipo de vivendas caeu en máis dun 60%.  

Comentarios