O Goberno español impugnará os acordos do Parlament a prol da autodeterminación e amnistía

Tamén estuda a levar ao Tribunal Constitucional a resolución que pide que a Garda Civil se retire de Catalunya.

parlament catalunya
photo_camera ¡

O Goberno español volverá impugnar decisións políticas adoptadas no seo do Parlament de Catalunya, órgano de representación das catalás. O Executivo en funcións de Pedro Sánchez estuda o contido das resolucións aprobadas no Parlament, no marco do debate de política xeral, a prol da amnistía dos presos e presas independentistas, da autodeterminación e pola retirada da Garda Civil de Catalunya. A súa intención é, anunciou, “impugnar e actuar xuridicamente” contra estas resolucións.

Así o manifestaron fontes da Moncloa citados por medios españois e cataláns, que tamén sinalaron que outra resolución que procuran impugnar é a que se refire ao compromiso do Parlament para liderar unha resposta institucional á sentenza do 1-O.

Cos mesmos votos aprobouse a resolución que pedía a amnistía para as líderes do independentismo catalán presas de ser finalmente condenadas. Aliás, un texto presentado pola CUP, que tivo apoio de JxC e ERC, mais que rexeitaron as ‘comúns’, reivindica o 1 de Outubro como un referendo “lexítimo e legal” e reivindica a “lexitimidade” da desobediencia civil e institucional.

Por outra banda, o xuíz da Audiencia Nacional española Manuel García Castellón ditou prisión incondicional para os sete independentistas detidos a pasada segunda feira en varios puntos de Catalunya. Así o recolle a prensa española, que difundiu a información mesmo antes de seren informados os avogados dos afectados.

Comentarios