O goberno español dá luz verde á suba en 2% das peaxes da AP-9

AP-9

O Consello de Ministros aproba esta sexta feira o aumento de 1,9% das peaxes na AP-9. O ano arrancou cunha suba de Audasa nas peaxes da AP9 (en xaneiro, suba de 1,9%) e vai finalizar do mesmo xeito, cunha alfombras vermellas para unha nova alza nas tarifas por parte da concesionaria da Autopista do Atlántico.

Van ser dúas subas que suman un incremento de case 2%. Un 1% para compensar polas obras en Rande e circunvalación de Compostela e outro tanto, 1%, polas bonificacións nos traxectos entre Pontevedra e Vigo. Así pois, Audasa continúa a facer caixa en Galiza. En 2017 tivo uns beneficios que superaban os 40 millóns de euros e semella que quer superar esa marca en 2018.

Con esta nova suba, o prezo de percorrer de extrema extremo a principal vía de comunicación terrestre do país (Ferrol-Portugal) incrementou máis de 25% nos últimos oito anos. O que contrasta coa decisión do goberno español de ir eliminando progresivamente peaxes en diversas autoestradas no Estado español. Un plan que afecta a tres vías: AP-1 entre Burgos e Armiñón, AP-7 entre Alicante e Tarragona e AP-4 entre Sevilla e Cádiz; cuxas concesións acaban en 2018 e 2019.

Comentarios