O Goberno central ameaza con sancións polos asubíos ao himno español

Emitiu un comunicado onde “condena os ataques contra os símbolos que representan ao conxunto dos españois e a democracia". Artur Mas cualificou a decisión de "ridícula".

fc barcelona brasil
photo_camera fc barcelona brasil


O Goberno español ameaza con sancións pola multitudinaria apupada do himno español na final de fútbol entre Barcelona e Athletic de Bilbao. Convocou unha reunión este luns da “Comisión Estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte” para estudar posibles accións contra os clubs.

O Executivo central emitiu un comunicado ao remate do encontro onde “condena os ataques contra os símbolos que representan ao conxunto dos españois, a democracia que os ampara e a convivencia”. Considera “reprochable” que se aproveite “a repercusión pública” da final para “escenificar una protesta de carácter político” que cualificou de “falta de respecto”.

Mas tacha de “ridículo” ao Goberno

En declaracións a TV3, o presidente catalá, Artur Mas, reaccionou á noticia asegurando que o Goberno debería “repensar” o anuncio e advertiu de que non debe “provocar nin ameazar máis porque só logrará un efecto búmerang”. Tachou o aviso de “ridículo”.

Mas recordou que el tamén foi obxecto de apupadas en actos públicos, o que “debe situarse nun contexto normal neste tipo de acontecementos”. 

 

Comentarios