Gayoso defende as millonarias indemnizacións a ex-directivos de NCG polo seu éxito

O ex-presidente de Caixanova e co-presidente de Novacaixagalicia, Fernández Gayoso, defendeu na Audiencia Nacional os pagamentos millonarios a ex-directivos por seren estes responsábeis do "éxito" da entidade
Gayoso
photo_camera Gayoso

Fernández Gayoso defendeu a legalidade das retribucións na súa declaración na Audiencia Nacional, onde compareceu esta segunda onde foi o último dos cinco imputados en declararen polo cobro das indemnizacións. 

A querela da Fiscalía Anticorrupción admitida a trámite pola Audiencia, Fernández Gayoso "aprobou os importes correspondentes ás prexubilacións", sen o comunicar ao Banco de España. As liquidacións faríanse "baixo o paraugas formal dos contratos de alta dirección" sen ter en conta a situación de dificultade que pasaba a entidade financeira.

Gayoso defendeu na súa intervención que as condicións dos contratos millonarios eran as mesmas que os contratos inciais dos ex-directivos, que nalgún caso corresponden a 1999.

Cada 15 días

Fernández Gayoso terá que se personar cada 15 días no xulgado,unha medida que o xuíz tamén decretou para outros imputados.

A Audiencia Nacional tomou a semana pasada declaración a varios exdirectivos de Novacaixagalicia, imputados por un delito de administración desleal ou apropiación indebida polas millonarias xubilacións percebidas sen notificaren os contratos nin ao consello da entidade nin ao Banco de España. Un destes exaltos cargos, Rodríguez Estrada, declarou perante o xuíz Ismael Moreno que José Luis Pego, antigo director xeral de NCG, era o encargado de informar dos contratos. Unha confesión que semella un botar balóns fóra para poñer a responsabilidade no tellado de Pego.

Comentarios