#Galizanontenrei: convocan cazolada para hoxe na Galiza para pedir que se xulgue os Borbóns

Ás 21:00 horas.

cazolada 1
photo_camera Imaxe de arquivo

#Galizanontenrei e #RepúblicaGalega son os dous HT impulsados nas redes sociais polo BNG, que convoca para as 21:00 horas de hoxe, 4 de agosto, unha cazolada contra a monarquía española

A cazolada demanda “que se xulguen aos Borbóns!” e convócase o día despois de se facer pública a ‘fuga’ do rei emérito español á República Dominicana.

O Bloque Nacionalista Galego pediu que se investigue "a fondo" a "corrupción da casa real" e que se xulgue "os Borbóns" polas súas actuacións, "con todas as consecuencias penais e políticas". Nun comunicado remitido aos medios despois de que se coñecese a decisión do rei emérito Xoán Carlos I de abandonar o Estado español, o BNG considera que "resolver esta situación cunha operación de imaxe" non fará máis que "reafirmar a evidencia de que, para perpetuarse, o réxime español opta por seguir tapando e ocultando a corrupción real, a expensas da verdade e da democracia".

Máis en POLÍTICA
Comentarios