GAELIC ATLETHIC ASSOCIATION (GAA)

Galiza presente por vez primeira no Congreso de deportes gaélicos

futbol gaélico GAA

A cidade Irlandesa de Wexford acolleu o Congreso da Gaelic Atlethic Association (GAA), o máximo organismo dos deportes gaélicos a nivel mundial e que se rexe de forma totalmente democrática. Unha cita onde, por vez primeira, estivo presente Galiza a través do fútbol gaélico, un deporte que en menos dunha década botou raíces no noso país.

jano gaa gaelico

O Gaélico Galego tivo por primeira vez un representante neste máximo congreso da GAA: Alexandre Sanmartín “Jano”, seleccionador galego masculino e ‘football officer’ europeo (manager do fútbol gaélico europeo). Sanmartín partillou sesións co presidente da GAA, así como con autoridades representativas dos diferentes condados irlandeses e de todas ás seccións Internacionais.
 

Desde o desembarco en Galiza do fútbol gaélico hai menos dunha década (da man dun coruñés que o descubriu en Dublín e tróuxoo con el na volta para galiza), este deporte non para de estenderse e medrar: cada vez hai máis clubs, tanto femininos como masculinos. Ademais, Galiza conta con selección nacional (feminina e masculina) que toma parte en campeonatos internacionais.

 A selección feminina foi campioa da Euro2018 que se disputou en An Oriant (Bretaña) hai uns meses e a masculina chegou a ser finalista.

Comentarios