Galiza, no podio dos territorios con menor crecemento económico

Un informe de BBVA Research di que medrará este ano en 1,5%, por baixo da media estatal (1,9%). Só Castela-León e A Rioxa rexistran previsións tan baixas.
Traballadores nunha cadea de montaxe. (Arquivo)

Galiza será neste 2019 un dos tres territorios do Estado con menor crecemento económico, unha situación que se dá no marco dunha “desacaleración xeralizada” da actividade económica no conxunto estatal. Así o recolle un estudo do BBVA Research, que volve situar Madrid, un ano máis, como a economía con mellores resultados do Estado, alargando a fenda co resto dos territorios.

Galiza, canda Castela e León e A Rioxa, partillan que o crecemento económico para este ano será de 1,5%. A media estatal siruarase en 1,9%, catro décimas máis. O desaceleramento ten as súas causas, segundo este informe, nunha combinación de factores, desde o frenazo nas exportacións e a queda da demanda europea até a baixada no gasto dos fogares.

Para 2020, as previsións son que Galiza creza a 1,5%, segundi por baixo da media estatal (1,6%). Até sete territorios, segundo BBVA, verán o vindeiro ano como o seu crecemento económico é de 2% ou máis. Mais ningún deles será Galiza.

Comentarios