Galiza no Mapa

Galiza nun mapamundi inglés do século XIV

É un dos mapamundi europeos máis populares dos séculos XIV e XV, tal como testemuñan as máis de cento cincuenta copias que se teñen elaborado nese período do mesmo mapa, actualmente espalladas en diversas cidades do continente. Incluído no famoso libro das ‘Policromías’ de Ranulf Higden, significa máis unha vez o relevo político do Reino da Galiza nese tempo histórico. 
foto_6_GZnoMapa

O mapamundi é unha cartografía de corenta e seis por trinta e catro centímetros, elaborado á volta de 1342 e incluído no libro das Policromías de Ranulf Higden, onde ocupa unha dobre plana. Orientado cara ao leste, co fin de que Xerusalén se sitúe no seu centro, emprega a cor vermella  para diferenciar as diversas realidades políticas, e o verde para significar os accidentes xeográficos, agás no caso do Mar Vermello, sinalado da mesma cor co nome.

Mini_6_GZnoMapa

Inglaterra ocupa un lugar prominente na cartografía, destacando polo número de representacións que se lle asigna e o tamaño en relación con  outros territorios do mundo coñecido, nunha chiscadela común nos autores á súa patria de orixe, co fin de significar a súa fortaleza e o seu relevo político.

Ranulf Higden, un grande intelectual da Idade Media europea

O autor da cartografía, Ranulf Higden, nado en 1280 e morto o 12 de marzo de 1364 na cidade de Chester, foi un monxe bieito destacado pola súa grande erudición e por uns grandes coñecementos en temas históricos, teolóxicos e xeográficos. A súa gran formación ficou testada nas Policromías, unha magnífica crónica en sete volumes da historia e da teoloxía universal, cuxo plan pretende ser unha humilde imitación dos sete días da Xénese, agás no último volume que vén a ser un resumo da historia xeral, elaborado con rigoroso criterio e intuición.

[Podes ler a peza íntegra no número 375 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]   

Máis en Mapas do reino
Comentarios