Galiza Nova fai 30 anos

A organización xuvenil lanzará unha campaña ao longo deste novo ano para conmemorar o aniversario

alberte
photo_camera Alberte Fernández, durante a conferencia de imprensa

A organización de mocidade nacionalista Galiza Nova fai, este 2018, 30 anos, tres décadas de traballo “como escola de formación militante do BNG”. O secretario xeral da formación, Alberte Fernández, compareceu quinta-feira en rolda de prensa, onde destacou estes 30 anos de traballo político ininterrompido que o levaron ser, dixo, “un referente” en loitas políticas como o movemento Nunca Mais ou as reivindicacións contra o servizo militar español.

Fernández anunciou, aliás, que a Dirección Nacional da organización lanzará en breve unha campaña por todo o país para celebrar este aniversario. “Conmemorará a fundación da organización e porá en valor o traballo destes 30 anos”, apuntou.

O secretario xeral estivo acompañado polo membro da Executiva Nacional do BNG, Rubén Cela, formado politicamente en Galiza Nova, organización da que foi líder. Cela tamén quixo poñer en valor o labor político que esta estrutura realiza “tanto a nivel nacional como nas localidades e comarcas, así como noutras organizacións referenciais no ámbito do nacionalismo”.

Comentarios