Galiza loita por unha praza na fase final da UEFA Regions Cup

A selección galega competirá hoxe ás 10.30 horas nos campos da Cidade Deportiva de Las Rozas, en Madrid, por conseguir unha praza na final estatal que dá acceso á Copa das Rexións da UEFA.

00100_0000023054_1_CONVOCATORIA_UEFA_vs_PA_S_VASCO_page_0001
photo_camera Os 18 que defenderán Galiza hoxe ante Euskadi (Foto: RFGF).

A selección galega competirá hoxe ás 10.30 horas nos campos da Cidade Deportiva de Las Rozas, en Madrid, por conseguir unha praza na final estatal que dá acceso á Copa das Rexións da UEFA.

O rival da Galiza será o campión de 2005 e un dos combinados favoritos a facerse co triunfo final, Euskadi, dirixido por Óskar Tabuenka, quen fora xogador da Sociedade Deportiva Compostela a finais dos anos 90.

A Irmandiña chega ao decisivo encontro cun bloque moi similar ao que derrotou por goleada a Ceuta (4-0) no mes de decembro do ano pasado, presentando as únicas novidades dos dianteiros Miki e Róber, que entran en substitución de Marquitos e o lesionado Josiño. 

Comentarios