DEBATE COMISIóN DE ECONOMíA

"Galiza leva perdidos máis de 8.500 millóns de euros co actual modelo de financiamento"

O portavoz parlamentar do BNG defende a creación dunha comisión sobre ingresos e financiamento autonómico.

Comisión parlamentar
photo_camera Unha comisión parlamentar

O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera defendeu, a través dunha proposición non de lei, constituír unha comisión de estudo sobre os ingresos e financiamento autonómico porque o actual sistema de financiamento segue sen revisarse, lembrou. Jorquera explicou que segundo o informe de estratexia financeira fiscal da Xunta, as achegas ao sistema de financiamento no ano 2015 son 6.112 millóns de euros, 1.327 millóns menos que no 2008 e 1.223 menos que no 2007. “Segundo os nosos cálculos, afirmou, co novo modelo Galiza leva perdidos 8.574 millóns de euros, o equivalente ao orzamento da Xunta nun exercicio”.

Perante esta realidade, reiterou  Jorquera, a Xunta conténtase con que Galiza “sae ben parada nas balanzas fiscais inventadas por Montoro”. O portavoz parlamentar defendeu crear a comisión para que   Xunta e  grupos parlamentares acheguen os seus estudos,  comparezan expertos e unha representación plural da sociedade, e cos números sobre a mesa,  “concretemos as demandas a defender como país.”

Comentarios