As seleccións nacionais masculina e feminina de fútbol gaélico vixaban con gañas e confianza a Bretaña para destupar o Euro2018. "Imos a por todas" confesaba Pablo, un dos adestradores do combinado feminino, e así está a ser: Galiza vai desputar este domingo a final deste campionato europeo de fútbol gaélico, tanto na categoría masculina como na feminina.
A final masculina será ás 13:00 horas e a feminina ás 15:00 horas. O rival en ambos os dous casos, Francia
As irmandiñas derrotaron tres seleccións, a bretoa, a alemá e a francesa. Esta última era a gran rival a bater, a favorita a priori para meter no peto esta competición; mais as galegas derrotáronas cun claro 18-7. Fronte a Alemaña a vitoria foi máis contundente e ampla (33-2) e as galegas tamén derrotaron as anfitrioas, Bretaña, desta vez por 26-5. Uns resultados que certifican o alto nivel que en apenas oito anos acada Galiza nesta disciplina deportiva. As rapazas da selección nacional rematan esta fase primeiras de grupo, por diante do resto de competidoras.
A selección masculina, de por parte, impúxose as da Gascuña, Francia, Alemaña e empatou coa de Bretaña. Catro encontros nun día que deixan un balanzo de tres vitorias un empate os galegos. Unha folla intachábel que permite á selección pasar á final, tamén como primeiros de grupo.
O rival a bater na final, tanto para eles como elas, será Francia, a quen todos sinalaban antes do inicio do torneo como a gran favorita.
As seleccións galegas viaxaron cunha lista de 14 persoas convocadas por equipo. As listas son as seguintes:
Feminino
Leti (Fillas), Lucia (Estrela Vermella), Ánxela (Estrela Vermelha), Paula (Fillas), Lore (Herdeiras de Dhais), Sonia (Fillas), Laura (Fillas), Carme (Pontevedra), Alba (Auriense), Mery (Fillas), Naza (Herdeiras de Dhais), Laura Nercellas (Herdeiras de Dhais), Uxía (Estrela Vermelha) e Vane (Estrela Vermelha).
Masculino
Mancu (Irmandinhos), Julián (Fillos), Brais (Estrela Vermelha), Jacobo (Auriense), Juve (Irmandinhos), Bermejo (Estrela Vermelha), Kanario (Irmandinhos), Panzu (Irmandinhos), Santalla (Herdeiros de Dhais), Álex (Estrela Vermelha), Adriano (Estrela Vermelha), Couso (Estrela Vermelha), Leborán (Estrela Vermelha), e Víctor (Fillos).