GASESOSAS DO PAÍS

Galiza e a industria da burbulla

En cada recuncho, unha fábrica de gasosas. Así foi Galiza na década dos 60, cando unha puxante industria desta bebida viviu o seu punto álxido. Os gustos de cada quen identificaban a súa procedencia, grazas ás marcas de denominación local. “Troncoso”, “Feijoo” ou “A Nosa” tiveron espazo privilexiado nas casas, nos bares e nas festas. Antes da Coca-Cola bebeuse a “gasosa escura”, e as “oranges” precederon a Fanta. Sermos Galiza fai un repaso da historia da industria da burbulla, dende os seus comezos a finais do século XIX até que picou cen anos despois. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 364 do semanario en papel Sermos Galiza.
gaseosa
photo_camera Plácido Lado Bujeiro, “Santos” (primeiro á esquerda, anos 60), de Cee, aproveitaba as viaxes no coche para entregar as súas gasosas “La Exquisita”. Cedida pola familia Santos de Sardiñeiro (Fisterra) ao arquivo de Gaseosas de Galicia.
Comentarios