Galiza estragou fondos europeos destinados a poñer en valor o monte

Un informe fiscalizador do Tribunal de Contas da UE aponta a que as subvencións non se empregan de forma “eficiente nin eficaz”, segundo recolle 'Economía Digital'. Galiza percibeu 50 millóns de euros, sendo un dos territorios máis beneficiarios por estas axudas

rural
photo_camera rural

Poñer en valor o monte é unha das medidas anti-incendios máis eficaces. Un punto no que coinciden ambientalistas, brigadistas, colectivos cidadáns e mesmo a administración. Desde hai anos hai unha importante liña de axudas económicas desde a Unión Europea para traballar a prol de incrementar o valor económico do monte. Mais, como sinalan desde Economía Digital, un informe fiscalizador do Tribunal de Contas da UE revela que as subvencións "non se xestionaron de forma eficiente nin eficaz" .

Tal e como indica Economía Digital, a través dos fondos Feader Galiza recibiu durante o periodo de vixencia do plan máis de 50 millóns de euros para proxectos e iniciativas de posta en valor do seu monte. O montante total repartido en Europa foi de perto de 535 millóns de euros, sendo Galiza, Toscana (Italia), Eslovenia, Austria e Hungría as principais receptoras das subvencións.

Conclusións

As conclusións do informe Tribunal de Contas da UE son contundentes, sinala ED:. "Non xestionaron de forma eficiente nin eficaz os aspectos fiscalizados das axudas para aumentar o valor económico dos bosques". Constatou, aliás, que só unha mínima parte dos proxectos fiscalizados aumentaron significativamente o valor económico dos bosques, ben mediante o aumento do valor do terreo, ou o valor da masa forestal".
 

Comentarios