irlanda 2019

Galiza debuta con vitoria no Mundial de fútbol gaélico de Irlanda

A selección feminina derrotouna mañá desta segunda feira  Bretaña (21-0) e a masculina Asia (25-1). Na tarde as rapazas derrotaron USA Heartland (20-5). Os rapaces enfrontáronse a New York, unha das favoritas, perdendo 2-18.

Selección galega de fútbol gaélico. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Imaxe: @selegalega

As seleccions galegas masculina e feminina empezaron ambas as dúas con moi bo pé no Mundial de Fútbol Gaélico que decorre en Irlanda e no que participan 85 equipas de diferentes partes do mundo.

A selección feminina derrotou na mañá desta segunda feira a Bretaña por 6-03 (21) / 0-00 (0). A masculina impúxose a Asia por 5-10 (25) / 0-01 (1). Pola tarde, os rapaces enfróntranse a New York e as rapazas contra a selección USA-Heartland. Neste segundo encontro a vitoria volveu ser para as galegas, que se impuxeron 20-5. Porén, os rapaces caeron contra unha das favoritas, New York, que derrotou a selección galega por 2-18.

A selección galega masculina enfrontarase a outros 24 equipos onde destacan algúns tan fortes como Nova York, San Francisco, Francia, Canadá, Australia, Bretaña ou Arxentina. No feminino competirán 17 seleccións, destacando tamén as estadounidenses, Canadá, Rusia ou Francia, entre outras. O torneo estruturarase nunha primeira parte de liguiña onde os primeiros clasificados accederán logo á loita polo título mentres os demais pasarán a competir nas fases “Plate” e “Shield”. Nos próximos días sortearanse os grupos.

En 2015 a Gaelic Athletic Association (GAA) creou os xogos mundiais, que nesta terceira edición reúnen 85 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras de todas as partes do mundo. O evento acollerá unha fase “Irish” na que só xogan irlandeses que viven fóra de Irlanda e outra “Native” na que compite Galiza e outras seleccións formadas por deportistas non irlandeses.

Comentarios