Opinión

Galicia... Que Galicia?

E digo eu… de verdade que o actual goberno da nosa terra, ten un proxecto sólido de futuro para a maioría de este país? Cales son as medidas máis alá do curtopracismo que toma a Xunta para ter credibilidade? Hai política industrial, saben o que pasa no agro, ou impórtalles a situación do sector pesqueiro o máis mínimo?

Seguramente a ausencia en décadas de novas competencias, e a negación evidente da posibilidade de desenvolver o Estatuto de Autonomía, deixa claro que este país so interesa como un anaco de poder dentro da santa cruzada da unidade de España, na que abrir o abano de reformas constitucionais, ou novos Estatutos adaptados ao século XXI, son propio do xénero literario-político da ciencia ficción. Teiman en mirar para o pasado, os que temen perder o poder no futuro

“Galicia, Galicia, Galicia”... pero a vaquiña polo que vale.

Comentarios