Discurso investidura

Galicia en Común denuncia "irregularidades procedimentais" da JEC para torpedear a investidura

O deputado Antón Gómez-Reino confía no "sentido común" para que saia adiante o primeiro Goberno de coalición no Estado
Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino no Congreso (Europa Press)
photo_camera Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino no Congreso (Europa Press)

O deputado de Galicia en Común Antón Gómez-Reino denunciou hoxe "as evidentes trabas" que, ao seu xuízo, están a porse "de forma canto menos procedimentalmente irregular por parte de diferentes poderes e estruturas do Estado" para evitar que saia adiante a investidura do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez.

Así o asegurou en declaracións aos medios no Congreso durante a sesión de investidura, facendo referencia ás decisións deste venres da Xunta Electoral Central (JEC) de inhabilitar ao presidente de Cataluña, Quim Torra, e de rexeitar outorgar a credencial de eurodeputado ao presidente de Esquerra Republicana (ERC), Oriol Junqueras.

"Vai imperar o sentido común"  

Non obstante, Gómez-Reino asegurou que está convencido de que "vai imperar o sentido común" e de que finalmente vai ser posible conformar un Goberno de coalición "histórico" pactado entre o PSOE e Unidas Podemos, se Sánchez é reelixido, como está previsto.

"Eu creo que ten que ser ERC a que diga o que vai facer. Nós somos moi escrupuloso e respectuosos con isto, pero estamos convencidos do cambio de ciclo no conxunto do Estado e tamén en Cataluña e sen dúbida vai imperar o sentido común, máis aló das evidentes trabas que se están poñendo de forma canto menos procedimentalmente irregular, por parte de diferentes poderes e estruturas do Estado", manifestou.

Comentarios