ANÁLISE

Un futuro incerto para Venezuela

A previsión de agravamento nos problemas de abastecemento de petróleo e, en consecuencia, a imperiosa necesidade de controlar os recursos enerxéticos, representan unha das causas da nova operación impulsada polos EUA en Venezuela. Eis un extracto da análise publicada no número 333 de Sermos Galiza.

rig-1061339_1920
photo_camera Plataforma petrolífera

A estas alturas ninguén pode negar xa que a auto-proclamación de Juan Guaidó como presidente “Encargado” de Venezuela forma parte dunha operación deseñada polos Estados Unidos, despois de anos de preparación do terreo, con ataques á economía venezolana, actuacións de acaparamento de produtos, noticias fabricadas sobre fame e mortes por desnutrición, provocación de momentos de grande tensión coa actuación de grupos violentos opositores.

A inestabilidade e a violencia estendidas no tempo,e a acción da inmensa maioría dos medios de comunicación a nivel planetario,levaron a que hoxe grande parte da opinión pública internacional considere que urxe rematar coa suposta catástrofe humana na que polo visto está sumida Venezuela.

Pero os problemas, que non podemos negar, son moi inferiores aos existentes noutras latitudes nas que si que hai millóns de persoas en situación crítica. E a degradación da situación en Venezuela ten un máximo responsábel,é o imperialismo norteamericano que impide a un Estado soberano andar libremente o seu camiño. O debate non é se estamos con Maduro ou non estamos con Maduro; o debate é se Venezuela pode exercer a súa soberanía ou debe axeonllarse, como case toda América Latina e a Unión Europea diante dos intereses dos EUA.

Os EUA están consideradoshoxe o maior produtor de petróleo do planeta sendo ao tempo o maior consumidor; pero a recuperación da condición de maior produtor, que non ocupaba desde os anos 70 do século pasado, ten uns grandes custos económicos e medioambientais, debido fundamentalmente ao emprego da técnica do fracking. E a dependencia petrolíferados EUA fai que deba importar cada vez maiores cantidades, e controlar as reservas doutros Estados para poder manter intacta a súa reserva estratéxica de cru.

Venezuela vende aos EUA o 40% do seu petróleo, posúe as maiores reservas mundiais deste combustíbel fósil e as sétimas de gas; ademais, fontes fiábeis sinalan que conta con importantes xacementos de ouro, cobre, coltán, ferro, níquel, bauxita e terras raras (denominación que reciben 17 elementos químicos difíciles de atopar e considerados estratéxicos para a alta tecnoloxía).

[Podes ler a análise íntegra no número 333 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios