A rede, de acordo cos dados que manexa a policía, tiña como cerebro o ex futbolista do Real Madrid Raúl Bravo e dela facían parte tamén o presidente do Huesca Agustín Lasaosa e o xefe dos servizos médicos do clube aragonés, Juan Carlos Galindo. Os tres foron detidos.
Completan a nómina de arrestados Carlos Aranda, un trotamundos con currículo en varios combos de elite, e Samuel Saiz Alonso, xogador do Xetafe,
Todos eles son apuntados nos pesquisas policiais como pretensos autores de delitos tales como pertenza a organización criminal, corrupción entre particulares e branqueamento de capitais.
A rede operaba manipulando resultados para obter ingresos coas apostas deportivas, de rápida proliferación nos últimos anos.