RETOMOU O SEU RUMO CARA A ROTTERDAM

O “Front Serenade”, un gran petroleiro, estivo á deriva na Costa da Morte

[ACTUALIZADA ÁS 12H] Na tarde deste sábado o “Front Serenade”, un petroleiro cunha dimensión tres veces maior que o “Prestige”, estivo á deriva fronte ao faro de Lariño, en Carnota. O buque retomou o seu rumo seguido de perto do remolcador Don Inda.

photo_camera Localización do petroleiro ás 9:53
Comentarios