Traballo

O estaleiro Freire e auxiliares paralizan a actividade en Vigo após un caso de coronavirus

O estaleiro vigués iniciará agora a negociación dun ERTE para as súas traballadoras, un total de 60 empregadas. 
Estaleiro Vigo
photo_camera Estaleiro Vigo.

Os cadros de persoal do estaleiro vigués Freire e das empresas auxiliares decidiron esta segunda feira en asemblea paralizar a actividade tras confirmarse un positivo por coronavirus nun empregado dunha das auxiliares, segundo traslada a CIG.

A medida, a primeira deste tipo adopatada no sectror naval e que afecta a un total de 600 traballadoras, adoptouse despois de que as centrais sindicais mantivesen unha xuntanza coa Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia, Asime, para abordar a situación na que se atopa o sector do metal como consecuencia da crise sanitaria.

O comité de empresa de Freire convocou os traballadores e traballadoras esta mañá para trasladarlles que un compañeiro se atopaba ingresado nun centro médico tras dar positivo por coronavirus, polo que se optou paralizar a actividade como medida de prevención tanto na empresa principal (60 empregadas) como nas auxiliares (540 empregadas). Tras comunicarlle a decisión á dirección de Freire, acordouse iniciar nesta terza feira a negociación dun ERTE.

Segundo explica o secretario do comité de Freire, Antonio González, da CIG, até o e agora as empresas estaban a traballar con escasas medidas de protección, "xa que por falta de abastecemento non había máscaras nin luvas para todas". Ademais, menifesta que en moitos casos tamén era difícil respectar a distancia mínima de seguridade que establecen os protocolos sanitarios.

Comentarios