Franco será exhumado e soterrado no cemiterio do Pardo o 10 de xuño

O goberno español di que así “cumpre coa Lei de Memoria Histórica”.

val dos caídos
photo_camera val dos caídos

Carmen Calvo, vicepresidenta do goberno español, anunciou que os restos do ditador Francisco Franco van ser exhumados do Val dos Caídos e voltos a soterrar o 10 de xuño pola mañá no panteón Mingorrubio, de titularidade estatal, no cemiterio do Pardo. Calvo xa avanzou que non haberá comunicación nin imaxes, nin convocatoria pública da exhumación.


O executivo español fixa así a data para a exhumación sen agardar a que o Tribunal Supremo decida sobre a suspensión cautelar do traslado dos restos, aínda que tamén abre a porta a que esa data se adíe se o tribunal suspende ou anula a decisión do goberno no marco do contencioso administrativo aberto coa familia do ditador español.


No cemiterio de Mingorrubio-O Pardo, onde xa está inhumada a esposa de Franco, Carmen Polo, permite garantir segundo a vicepresidenta española tanto as condicións de "dignidade e respeto" como la "intimidade" dos familiares. Calvo afirma que con este último paso "execútase a Lei de Memoria Histórica" de 2007.

Comentarios