Os Franco piden ao Defensor del Pueblo que impugne a retirada dos restos do ditador do val dos Caídos

Instan o Defensor a recorrer perante o Tribunal Constitucional o decreto lei aprobado polo gobernó español.

valle
photo_camera valle

Os sete netos de Francisco Franco veñen de presenar un escrito perante o Defensor del Pueblo no que instan a este a recorrer perante o Constitucional o decreto lei aprobado recentemente polo gobernó español para blindar a retirada dos restos do ditador español do val dos caídos.

O escrito, ao que tivo acceso Efe, interpono o avogado Felipe Utrera Molina, en representación dos 7 netos: María del Carmen, Mariola, Francisco, Mar, Cristóbal, María Aránzazu e Jaime.

A familia Franco reitera no escrito que a exhumación dos restos do ditador é “en contra da vontade dos seus descendentes” e rexeita a fórmula do decreto lei para esta medida pois este, o decreto lei, “só é en casos de urxente e extraordinaria necesidade”.

Comentarios