O Pleno municipal de San Sadurniño aprobou hoxe por unanimidade e sen ningún tipo de debate a proposta do Goberno para lle retirar a Franco o título de alcalde honorario, unha distinción que lle foi outorgada en 1939. O Goberno encabezado polo nacionalista Secundino García Casal tamén acordou a retirada do acordo adoptado o 2 de setembro de 1950, cando era alcalde Emiliano Calvo, para lle suprimir o título de fillo predilecto ao ministro de Traballo por aquel entón, José Antonio Griñón de Velasco.
Ademais, a resolución que se someteu a Pleno reafirmou a condena do golpe de Estado de 1936, da guerra civil e da ditadura franquista e ratificou o compromiso municipal coas liberdades, a xustiza e a sustentabilidade social e ambiental.