Francisco Caamaño non descarta concorrer ás primarias no PSdeG

O líder d@s socialistas da Coruña asegura que de haber primarias, "haberá máis dun candidato" á secretaría xeral do PSdeG

Malia a que os Estatutos do partido non contemplan esa posibilidade, as bases da formación --e algúns dos seus lideres-- exixen un proceso de eleccións primarias na escolla da nova Secretaría Xeral. Neste senso, o deputado e líder d@s socialistas da Coruña, Francisco Caamaño amosouse moi favorábel a se celebraren primarias e asegurou, nunha entrevista concecida á Cadena Ser que non ve incompatibilidades estatutarias para que isto se produza. Aliás, Caamaño amosouse convencido de que de ser así haberá "máis dun candidato".

Neste senso, o parlamentar coruñés e ex-ministro de Xustiza, calificou de "magnífico candidato" ao lugués Xosé Ramón Besteiro quen veu de anunciar a súa candidatura á Secretaría xeral. Porén non será o único. Francisco Caamaño amosouse moi disposto a concorrer ás eleccións mais non descartou que se presenten outras candidaturas como a de Jose Blanco ou o propio Pachi Vázquez. O líder do PSdeG na Coruña asegurou que era tempo de deixar á marxe que a escolla d@ secretari@ xeral a leve a cabo "unha camarilla" en troca da militancia.

Caamaño posicionouse de maneira crítica perante a súa formación e aseguron que era precisa "unha fonda renovación" que atinxiría para alén das fronteiras de Galiza ao PSOE en Madrid.

A respecto dos últimos acontecementos na Cámara galega, o deputado considerou "gravísima" a actitude de Pilar Rojo e do Partido Popular, asegurando que a súa vontade é "facer do Parlamento un plató da TVG".

Comentarios