Francia homenaxea simbólica (e monetariamente) os "heroes da pandemia"

Na véspera do Día da Bastilla, o Executivo francés asinou cos sindicatos do persoal sanitario dos hospitais e das residencias ─mais non o maioritario─ un acordo que aumentará en "máis de 8.000 millóns de euros" anuais a súa dotación orzamentaria.
dpatop - 08 July 2020, France, Paris: A worker glues portraits of health workers on the facade of the Opera Bastille, during an initiative organized by the community "#ProtegeTonSoignant" (Protect your health care workers) to honour health care workers during the coronavirus pandemic. Photo: Anne-Christine Poujoulat/AFP/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

dpatop - 08 July 2020, France, Paris: A worker glues portraits of health workers on the facade of the Opera Bastille, during an initiative organized by the community "#ProtegeTonSoignant" (Protect your health care workers) to honour health care workers during the coronavirus pandemic. Photo: Anne-Christine Poujoulat/AFP/dpa

8/7/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Fotografías de profesionais sanitarios na fachada da Ópera de París (Anne-Christine Poujoulat / AFP)

Francia homenaxeou nesta terza feira, 14 de xullo, no seu día os "heroes da pandemia", convertendo o tradicional desfile militar anual nun recoñecemento ao labor dos sanitarios e outros profesionais que están na primeira liña da actual crise pola Covid-19.

A celebración deste ano reservou unha homenaxe especial ao xeneral Charles de Gaulle, con motivo dun triplo aniversario: 130º do seu nacemento, 50º da súa morte, e 80º da apelación do 18 de xuño de 1940, cando chamou a loitar contra a ocupación nazi de Francia, dando pé á creación da Resistencia.

Desde 1880, o país celebrou este día cun gran desfile militar nos Campos Elíseos de París, para lembrar o asalto ao cárcere da Bastilla que desencadeou a Revolución Francesa en 1789. O 14 de xullo daquel ano, unha multitude de arredor de tres mil persoas asaltou a fortaleza, símbolo da opresión do rei Luis XVI e os representantes da Coroa.

Precisamente, até o lugar onde se erixía marchou desde a Praza da Concordia unha manifestación para protestar polo que consideran fallos do Goberno durante a pandemia. 

Entre estes había traballadores sanitarios, que criticaron a escaseza de máscaras e os recortes dos últimos tempos, que deixaron un dos mellores sistemas de saúde do mundo mal preparado fronte á propagación do virus.

Neste sentido, na véspera do Día da Bastilla, o Executivo francés asinou coa maioría dos sindicatos do persoal sanitario dos hospitais e das residencias un acordo que aumentará en "máis de 8.000 millóns de euros" anuais a dotación orzamentaria para mellorar os seus salarios e crear novos empregos.

"Este esforzo histórico quere ser en primeiro lugar un recoñecemento para os que estiveron en primeira liña na loita contra esta epidemia", que "non rematou", subliñou nun discurso o primeiro ministro, Jean Castex, ao termo da cerimonia de sinatura na súa residencia oficial de Matignon, en París.

O principal sindicato, a Confederación Xeral do Traballo (CGT), que supón un terzo dos votos, non se sumou ao acordo.

Macron fixo referencia a este investimento durante a tradicional entrevista televisiva do Día da Bastilla. Ademais, insistiu en que persiste o perigo polo coronavirus e esbozou algúns dos plans para os dous anos restantes da súa presidencia.

Francia superou xa os 30.029 falecementos causados pola Covid-19, tras rexistrar un total acumulado de 172.377 casos.

Comentarios