Francia fecha 70 escolas após reabrilas na primeira semana do desconfinamento

O Goberno francés tenq ue fechar 70 escolas após abrilas na primeira semana de desconfinamento. 
Até 30% do alumnado voltou á escola presencial (Imaxe: Mehdi Chebil / EP)
photo_camera Até 30% do alumnado voltou á escola presencial (Imaxe: Mehdi Chebil / EP)

Francia fechou xa 70 escolas de educación primaria após reabrilas na primeira semana de desconfinamento por mor da descuberta de casos positivos en coronavirus, segundo indicou esta segunda feira, 18 de maio, o ministro de Educación galo, Jean-Michel Blanquer. Francia comezou o pasado 11 de maio as fases do desconfinamento de maneira progresiva.

Os feches confirmados das 70 escolas decidíronse porque "hai un protocolo sanitario estrito", argumentou o ministro, ao tempo que engadiu que esa posibilidade "xa estaba contemplada". Dentro da volta gradual á normalidade, no ensino primario 30% do alumnado xa voltou ás aulas presenciais. O resto continúa a recibir as clases a distancia, como aconteceu durante o confinamento. 

Comentarios