Política migratoria

Francia ábrese a máis inmigrantes ante a ausencia de man de obra cualificada

O Estado galo estabelecerá cada ano cotas de entrada por motivos de traballo en función das necesidades do seu mercado laboral, para tentar cubrir os oficios en tensión. Con todo, Macron continúa a endurecer as medidas contra a entrada irregular no país.

17 October 2019, Belgium, Brussel: French President Emmanuel Macron arrives to attend the European Council summit at the EU headquarters. Photo: Thierry Roge/BELGA/dpa
ONLY FOR USE IN SPAIN

17 October 2019, Belgium, Brussel: French President Emmanuel Macron arrives to attend the European Council summit at the EU headquarters. Photo: Thierry Roge/BELGA/dpa

10/17/2019 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera O presidente francés, Emmanuel Macron. Foto: Europa Press

Na actualidade hai en Francia arredor de 150 mil postos de traballo que no están cubertos por falla de profesionais cualificados. Por este motivo, o Goberno de Emmanuel Macron decidiu dar un xiro á súa política migratoria e anunciou esta terza feira, 5 de novembro, que establecerá cada ano cotas de entrada por motivos de traballo, en función das necesidades do mercado laboral.

Este dispositivo con «obxectivos cifrados ou cotas» aplicarase así que se elabore unha lista de oficios en tensión, é dicir, nos que menos man de obra se atopa, explicou a ministra francesa de Traballo, Muriel Pénicaud, nunha entrevista á canle BFMTV.

Pénicaud insistiu en que o número deses inmigrantes profesionais «por oficio e por territorio» estará «en función das necesidades» do mercado de traballo . Tamén, en que a prioridade seguirá a ser a formación das mozas e mozos e as persoas desempregadas que hai en Francia para que poidan ocupar eses postos de traballo. Ademais, desbotou con contundencia a posibilidade de que as cotas se fixen por nacionalidade.

Viraxe na política migratoria

A medida fai parte do xiro na política migratoria do presidente francés, Emmanuel Macron, dirixida a endurecer a entrada non regulada de inmigrantes no país, e que inclúe reformar as regras europeas do Tratado de Schengen, así como endurecer as condicións de control da cobertura sanitaria da que se benefician inmigrantes e demandantes de asilo.

Comentarios