A fotógrafa Bandia Ribeira gaña o premio Luís Ksado

A fotógrafa Bandia Ribeira (As Pontes, 1979) resultou ser a gañadora do XII Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado, da Deputación da Coruña, coa serie titulada “O voo do “midgie””. O seu traballo no ámbito do fotoxornalismo impúxose sobre os 109 presentados.

Banda Ribeira
photo_camera Bandia Ribeira

Un tema de actualidade, cunha linguaxe contemporánea e tamén lírica e sensibilidade. Así é “O voo do midgie” para o xurado do premio Ksado que lle a vén de facer gañadora da súa XII edición. O traballo da fotoxornalista Bandia Ribeira resultou gañador entre as 109 obras que se presentaron a esta edición do certame da Deputación da Coruña, comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato. 

“Hai unha linguaxe críbel, de verismo fotográfico: é un “soño dramático”. A autora da obra fuxe de premisas reparadoras e sanitarias; lévanos da súa man a un umbral de periferia social en permanente revisión: a autora dinos “somos nós””, explica o xurado do fallo no que se apunta tamén que a obra gañadora “presenta un concepto novo da familia e revisa o concepto de proscripción e marxinalidade”. 

Bandia Ribeira é Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Compostela e pola Karlova Univerzita de Praga, mais logo conduciría a súa formación polo mundo da fotografía co Postgrado de Fotoperiodismo na Universitat Autónoma de Barcelona e o grado de Fotografía Documental na University of South Wales de Newport. Na súa experiencia profesional, traballou como fotoxornalista en El Progreso, colaborou coa Fundació per la Innovació i la Acció Social e foi asistente de fotografía da Agencia Lusa en Viseu. A obra de Bandia Ribeira expúxose en mostras individuais e colectivas ademais de na Galiza, en Gales, Cataluña, Rumanía, Alemania, Portugal. 

A obra de Bandia Ribeira expúxose en mostras individuais e colectivas ademais de na Galiza, en Gales, Cataluña, Rumanía, Alemania, Portugal

O xurado do premio estivo composto polo fotoxornalista Ricky Davila, o artista da fotografía Pierre Bonnord, a fotógrafa Ana Lage, galega e profesora na Universidade Autónoma de Barcelona e a profesora da Escola de Belas Artes de Porto e comisaria artística Àngela Ferreira, ademais do propio Xurxo Lobato, actuando como presidente, sen voto, o deputado da área de Cultura, Xosé Regueira. 

Foron finalistas do Luís Ksado nesta edición Juan Ramón Robles González ( Madrid) con “Vida e morte na Franxa de Gaza”, Francisco Xabier Fernández Comesaña (Vigo) con “Aloitadores de Sabucedo”, A. Benítez Barrios (Los Barrios, Cádiz) con “Fading Japan”, Noela Roibás Rodríguez (Pontevedra) con “Irmán”  e Ana Belén Rello Férnández (Santiago de Compostela) con “Quidam”. 

Comentarios