A fortuna de Amancio Ortega disparouse nun 137% desde o inicio da crise

Desde 2007, e segundo sinala Economía Digital, o patrimonio do fundador de Inditex aumentou en máis de 25.000 millóns.

Amancio Ortega
photo_camera Amancio Ortega

Ao fundador do imperio Inditex a crise veulle de popa, empurrando a súa fortuna para arriba mentres indicadores e índices económicos de familias, pequenas e medianas empresas naufrgaban. Segundo informa o medio Economía Digital, a fortuna de Amancio Ortega incrementouse nun 137,5% desde que comezou a recesión económica, en 2007, segundo datos extraídos da famosa revista Forbes.

Así, este magazine calculaba hai seis anos que a fortuna de Ortega andaría por volta dos 18.000 millóns de euros. Máis ou menos o duplo dos orzamentos da Xunta de Galiza para 2014. Era daquela Amancio o oitavo home máis rico do planeta e o único español no Top Ten mundial dos multimillonarios. Se damos un salto até 2013, Forbes atribúe a Ortega un patrimonio que se disparou ata os 5742.055 millóns de euros. O que é o mesmo, lembran desde ED, desde que comezou a crise, o dono de Zara duplicou a súa conta corrente.

Como sinala Economía Digital, “un dos segredos do incremento patrimonial do empresario radica na saída a bolsa de Inditex. O empresario posúe o 59% das súas accións. A textil comezou a cotizar o 23 de maio de 2001 a un prezo de 14,7 euros por título. Este luns pechaba a sesión a 119,9 euros”.

Comentarios