Esta cuarta feira, 31 de xullo,ten lugar a primeira das xornadas de folga en Renfe convocadas polo sindicato CGT. O paro, que afectará 24 trens que circulan por Galiza, desenvolverase en dúas quendas: entre as doce da mañá e as catro da tarde; e entre as oito do serán e as doce da noite.
Seis dos trens cancelados esta cuarta feira por ese paro son de longa distancia e os 18 restantes de media distancia. Unha ducia de traxectos entre Vigo e A Coruña veranse afectados por esta protesta, convocada para pedir unha reposición de taxas de cadro de persoal que permita prestar mellor servizo.
O sindicato convocante, Confederación General del Trabajo, estuda demandar Renfe ao considera que os servizos mínimos fixados pola empresa son “abusivos” e poden vulnerar o dereito de folga.